Deportes

Etiquetas:
09/03/2018

A décima edición da ruta cicloturista de montaña Pico da Lebre, que organiza o Club Ciclista Foz, celebrarase o día 1 de abril. Na presentación do evento participou o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.

Desde a organización explican que “a décima ruta BTT Pico da Lebre contará con tres distancias para adaptarse a todos os ciclistas que desexen participar. As inscricións están abertas na web http://bttpicodalebre.galitiming.com. Está previsto que a ruta arranque ás 9:00 horas do día 1 de abril desde a praza Conde de Fontao, no porto de Foz. Desde aí todos os participantes rodarán polo paseo de Malates para ir adentrándose nas primeiras subidas que os levarán aos pés da capela do Santo, que será testemuña de luxo do paso dos ciclistas. Despois de gozar das baixadas do Pico da Lebre, na...

leer más
Etiquetas:
08/03/2018

Medela Mtto organiza a IX Ruta de Enduro Medela este domingo, 11 de marzo, a partires das 9:30 horas.

A saída e a meta estarán situadas na Praza dos Campos en San Cibrao.

O percorrido ten unha lonxitude de 38 quilómetros, cun desnivel acumulado de 1.400 metros e unha dificultade media-alta.

A proba conta co patrocinio de Cerezo Bikes, Alcoa Fundación, Rodabell, Mobilimp, a Área de Deportes da Deputación de Lugo e o Concello de Cervo. 

 

06/03/2018

Mondoñedo acolle esta fin de semana (sábado 10 e domingo 11) a XXIX Concentración Mototurística Ruta N-634 ‘A Invernal de Galicia’, coa que colabora o Concello, e que anualmente organiza o Motoclub Ruta N-634 da cidade. 

A alcaldesa de Mondoñedo, ElenaCandia, quixo destacar a importancia desta iniciativa e o traballo dos 40 socios que integran o Motoclub Ruta N-634 de Mondoñedo, que preside Miguel Arias, e que cada ano organiza unha cita que atrae ata á cidade a centos de persoas que senten paixón polo mundo das motos.

O presidente do Motoclub Ruta N-634, Miguel Arias, lembra que foi no ano 1988 cando se constituíu en Mondoñedo un grupo de moteiros, dos que partiu a iniciativa de organizar unha concentración mototurística que este ano chega a súa 29 edición. Deste xeito, Mondoñedo converteuse na primeira cidade,...

leer más
Etiquetas:
06/03/2018

A asociación Pasada das Cabras de Burela organiza o sábado, 10 de marzo, unha ruta pola Senda do Oso.

Esta andaina en Proaza-Teverga, en Asturias, ten unha lonxitude de 13 quilómetros e é de dificultade baixa.

O prezo para os socios é de 20 euros e 25€ para os non socios, inclúe autobús, comida e seguro. A saída será ás 8:00 horas da Estación de Autobuses de Burela.

Para poder asistir é imprescindible anotarse e pode facerse en Gráficas Arfe ou ben no número de teléfono 982 580 504, antes do xoves 8 de marzo, ás 20:00 horas.

 

Etiquetas:
06/03/2018

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 18 de marzo unha ruta por Seimeira-Forcón de Ríos na zona de Os Oscos, en Asturias.

A saída será ás 8:00 horas do Concello e para participar é obrigatorio anotarse antes do mércores 14 de marzo. Poden facerse as inscricións nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es 

O prezo é 22 euros para os socios federados, 27€ para os socios non federados e 32 euros para os non socios. Está incluído o xantar e o ingreso debe facerse en conta bancaria.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten unha dificultade media.

Colabora o Concello de Foz.

 

Etiquetas:
27/02/2018

A cita deportiva foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil delegado de Deportes, José Ramón Soto, ademais de varios membros do Club Medela; o Presidente, David Riera, Abel Ordás, Víctor Riera e Diego Ballesteros, que sinalaron que “a saída está prevista para as 9:30 horas desde a praza do Campos, en San Ciprián, e os participantes realizarán primeiramente un percorrido non competitivo por varias zonas do municipio, concretamente por Lieiro, Galdín e Gondrás”.

A continuación, os corredores porán rumbo ao Monte Medela. Riera sinalou que  “levamos moitos meses traballando intensamente na posta a punto dos camiños, en colaboración tamén co Concello de Cervo, e preparando tramos especiais de enduro, para o día da competición”.

A proba, de dificultade media-alta, será de 35 quilómetros, e 1.400...

leer más
Etiquetas:
26/02/2018

O Concello de Cervo acollerá esta fin de semana e por terceiro ano consecutivo, o Campionato Galego de Natación de Inverno nas categorías Júnior e Infantil, que se disputará o 2, 3 e 4 de marzo na Piscina Municipal Olímpica de Lieiro.

Na presentación da proba participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de deportes, José Ramón Soto, o secretario da Federación Galega de Natación, Ramón Mosquera, o xefe do servizo provincial de Deportes, Manuel Otero, o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e o presidente do Club  Natación Xove, Bernardo Rouco.
No campionato, organizado polo Concello de Cervo, en colaboración co CN Xove e a Federación Galega de Natación, participarán 331 nadadores, pertencentes a 25 clubs galegos.

O alcalde, Alfonso Villares, significou a importancia que ten para Cervo “acoller e...

leer más
Etiquetas:
21/02/2018

A piscina municipal de Ribadeo renovou as 15 bicis de ciclo para spinning que hai na sala do centro deportivo BeOne, que ademais acaba de poñer en marcha unha nova actividade, chamada Bodyattack. 

O director do centro deportivo, Javier Canel, explicou que “as novas bicis para a práctica do spinning son da marca Precor, que é das mellores que hai no mercado para este tipo de equipamentos” e comentou que “tres das bicis que foron substituídas, as que se atopaban en mellor estado de conservación, foron doadas ao Club de Remo de Ribadeo”. Ademais en breve os usuarios de BeOne Ribadeo contarán cunha máquina nova para a sala de ximnasio que substituirá á multipower que hai actualmente para facer sentadillas.

BeOne Ribadeo tamén acaba de poñer en marcha unha nova actividade, chamada Bodyattack, que “é moi esixente, poden...

leer más
Etiquetas:
14/02/2018

Oriente nunca estivo tan cerca, é o que poden pensar se durante esta fin de semana se achegan ao municipio de Cervo, e é que no pabillón municipal de A Veiga poderán observar numerosos practicantes chegados de tódolos recunchos de España para practicar TaiChi. Non é casualidade, a novidade para este municipio ven da man de Miguel A. Rojo e as súas inquedanzas marciais, que grazas ás súas arduas xestións burocráticas e o seu empeño conseguiu que, por primeira vez, un dos descendentes da linaxe directa da familia Chen e Mestre da Chenjiagou Taijiquan School imparta un curso TaiChi en España, e tampouco é casualidade que sexa na localidade de San Ciprián. A recente creación dunha Escola de Artes Marciais, o campionato de Galicia de TaiJitsu e tódalas actividades que tanto Miguel A. coma os seus alumnos traen ao municipio fan que, pouco a pouco, Cervo sexa recoñecido...

leer más
Etiquetas:
13/02/2018

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 25 de febreiro unha ruta pola ribeira do río Sor dende Ponte do Porto ata Monte da Insua.

A saída será ás 8:30 horas do Concello, a comida será en Loiba e despois farase unha visita a Estaca de Bares.

O derradeiro día para anotarse é o mércores 21 de febreiro, e as inscricións poden facerse nos números de teléfono 676 561 594 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es 

O prezo para os socios federados é de 20 euros, para os socios non federados 25€ e para os non socios 30 euros. O ingreso debe facerse en conta bancaria.

A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un grado de dificultade media.