Eventos

Etiquetas:
23/05/2018

A comisión organizadora das festas patronais de Burela abriu a inscrición para participar no karaoke que se celebrará os días 30 e 31 de maio. 

O concelleiro de Cultura e membro da comisión de  festas, José Díaz, anunciou que “a través de la comisión de fiestas de Burela queremos informar de que está abierta la inscripción para apuntarse al karaoke que será los días 30 y 31 de mayo. El 30 las categorías infantil y juvenil y el 31 la categoría adultos”.

Díaz engadiu que “hay dos sitios en los que poder apuntarse este año. Por un lado la biblioteca municipal, acudiendo en persona o llamando por teléfono al 982 58 06 83, y ahí dejar el nombre, edad y teléfono. Y la otra posibilidad es en la Casa da Xuventude  llamando  al 982 58 11 41”.

 

Etiquetas:
23/05/2018

O Cine Teatro acolleu a presentación dos actos que se desenvolverán ao longo de todo este ano para conmemorar o centenario do nacemento de Carlos Álvarez Fernández-Cid. Un dos primeiros será este sábado, 26 de maio, data na que se descubrirá unha placa na casa na que naceu. A directora da Coral Polifónica de Ribadeo, Mª Carmen Rodríguez Cancelo, subliñou que “Carlos Cid é unha figura imprescindible da historia da música de Ribadeo”. Ao acto deste mediodía acudiu o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, xunto a representantes da Banda de Música, de Amadores da Música, da EMMeD, do IES de Ribadeo, da parroquia de Santa María do Campo e da Peña Madridista del Eo.

Os actos deste centenario están organizados pola Coral Polifónica de Ribadeo e a Sociedade Filantrópico Dramática e contan coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Xunta de Galicia...

leer más
Etiquetas:
23/05/2018

O son e o colorido do Entroido inundarán as rúas de Ribadeo o 14 de xullo. Acisa organiza o I Desfile de Charangas que se celebrará ese día a partires das 20:30 horas.

Todas aquelas charangas da Mariña e do Occidente de Asturias que desexen participar nesta cita poden inscribirse ata o 30 de xuño ás doce da noite no correo info@acisaribadeo.es, vía whatsapp no 663 39 62 26 ou por teléfono chamando ao 982 120 565. As bases estarán colgadas redes sociais de Acisa e tamén na súa web.

Todas as charangas participantes recibirán 200 euros en vales de compra (cada unha) para consumir nos locais asociados a Acisa Ribadeo e tamén un trofeo como recordo de ter participado nesta novidosa iniciativa. 

O presidente de Acisa, Francisco Iriarte, dixo que “é unha...

leer más
Etiquetas:
23/05/2018

A asociación cultural A Pomba do Arco en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística organiza o sábado, 26 de maio, a partires das 12:00 h enfronte da Casa do Mar de Foz unha xornada lúdica artística dedicada ao público infantil que ten como obxecto divulgar, dar a coñecer  e achegar aos máis novos aos nosos escritores.

O acto, que no caso de choiva se trasladaría as instalacións da propia Casa do Mar, consistirá en colorear por parte dos cativos e das cativas presentes undepregábel onde aparecen rostros de diversos escritores galegos, personaxes da súa obra así como diferentes espazos singulares das súas localidades natais.

O despregábel, elaborado pola Mesa pola Normalización Lingüística baixo o título d´O país das letras. é un poster xigante de 100 x 70 cm realizado polo recoñecido ilustrador galego...

leer más
Etiquetas:
22/05/2018

O Concello de Xove organiza unha serie de actividades para os meses de verán que desenvolverá durante os meses de xullo e agosto.

O día 2 de xullo dará comezo o programa Móvete no Verán con clases de Aerobic-Latino ata o 13 de agosto, e con actividades físicas para maiores. Tamén desde o 4 de xullo ata o 8 de agosto haberá Fitness. Ademais para nenas e nenos de 4º de educación infantil a 4º de primaria celebraranse xogos pre-deportivos desde o 3 de xullo ao 16 de agosto. A data de inscrición para estas actividades é ata o 28 de xuño.

A Área de Xuventude ofrece, do 2 de xullo ao 17 de agosto, un curso de Informática para nen@s. Os días 18, 19 e 20 de xullo haberá un campamento para idades de 10 a 16 anos, e o 28 de xullo unha viaxe a Cerceda para idades de 13 a 35 anos. Ademais terán lugar sesións de paintball os...

leer más
Etiquetas:
22/05/2018

A parroquia de Vilamar, no concello de Barreiros, celebrará as súas festas na honra de San Xulián os días 25, 26 e 27 de maio.

O venres 25 a partires das 21:30 horas haberá unha pulpada e churrascada servida por Rochela, de Vilalba. Ás 22:30 horas dará comezo a verbena amenizada pola Orquestra Principal e o Grupo Fénix.

O sábado 26 ás 13:30 horas celebrarase a misa e a procesión. Despois haberá a sesión matinal coa orquestra Samba, e ás 23:00 horas terá lugar a verbena coas orquestras Samba e Panorama.

E xa o domingo 27 ás 13:30 horas haberá a misa e procesión, seguida da sesión matinal co Dúo Epo-K.

A organización comunica que haberá amplos aparcamentos e o campo estará cuberto con carpa. Colabora con este evento o Concello de Barreiros.

 

Etiquetas:
21/05/2018

O colectivo Cabaleiros de Penabor, de Barreiros, organiza a oitava edición da súa ruta ecuestre para o día 2 de xuño, sábado.

A saída está prevista para as 10 e media da mañá desde o restaurante La Yenka, de Reinante. A comida, que é de asistencia libre, será ás 15:00 horas e despois haberá baile amenizado polo dúo Merengue.

O prazo para inscribirse remata o día 30 deste mes e os interesados poden facelo chamando aos teléfonos 616.439.022 (Miguel) ou 650.521.321 (Mari).

Para a organización deste evento Cabaleiros de Penabor conta coa colaboración do Concello de Barreiros e da Deputación de Lugo.

 

16/05/2018

A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro celebra a Semana das Letras Galegas e a Diversidade Cultural na que programa para este xoves, 17 de maio, ás 12:30 horas na Casa da Cultura unha xornada sobre a Vida e Obra de María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano, con Lionel Rexes. Despois os grupos de cantareiras pequenas e medianas da Asociación Cultural Amado Lar ofrecerán Cantigas Populares Galegas, e haberá unha lectura de varios contos de María Victoria Moreno a cargo dos nenos e nenas da Asociación Cultural Amado Lar.

Tamén o día 17 terá lugar a representación teatral da obra Mar Adiante de María Victoria Moreno interpretada polo grupo Bandullo Azul. Será ás 20:00 horas e está dirixido ao público familiar.

O venres, día 18, ás 19:00 horas, no pavillón polideportivo municipal celebrarase unha...

leer más
15/05/2018

Viveiro acollerá a celebración de diversas actividades con motivo do Día das Letras Galegas.

O xoves, 17 de maio, ás 12:30 horas, na Praza da Fontenova, actuarán Tempus Fugit e Coral-Alborada. Ademais haberá postos das librarías Porta da Vila e Neira Brochs (se chove estas actividades terán lugar na Sala Multiusos do Concello).

O sábado, 19 de maio, ás 12:00 horas, na Biblioteca Municipal celebrarase Cataventos, un contacontos narrado por Pedro Brandariz. A entrada é de balde ata completar aforo.

O domingo, 20 de maio, ás 20:00 horas, no Teatro Pastor Díaz, terá lugar a Gala da Lingua con Cándido Pazó, Brandariz e Rei, Najla Shami e Lois Pérez. A entrada é de balde ata completar aforo.

 

14/05/2018

A Mancomunidade de Municipios da Mariña presenta tres audioguías ficcionadas sobre os cascos históricos de Ribadeo, Mondoñedo e Viveiro. Presentan historias ligadas aos espazos polos que discorre cada paseo, que terán unha duración duns 45 minutos. Están protagonizadas polo grupo de teatro Chévere. A iniciativa lévase a cabo grazas ao convenio asinado coa Deputación de Lugo, e foi presentada este mediodía en Mondoñedo, pola tarde haberá un acto en Ribadeo ás 17:30 horas, e mañá farase a presentación ás 11:30 horas en Viveiro.

O presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Mariña, Alfredo Llano, manifestou que “esta iniciativa, que foi tomada pola Mancomunidade, consiste basicamente en aportar un método diferenciado para atraer xente e facilitar á que veña aquí a que nos coñeza un pouco máis. Darlle información de primeira man dunha...

leer más