Alfoz

Etiquetas:
09/12/2016
O Concello de Alfoz convoca un concurso de decoración de Nadal. O prazo para participar e votar está aberto e concluirá o 31 de decembro.
 
O Concello de Alfoz convoca o concurso A túa decoración de Nadal para coñecer as ideas en decoración navideña máis orixinais en calquera recuncho dos fogares.
 
O concurso consiste en fotografar decoracións de Nadal propias na árbore, no belén, na cheminea, etc…, e compartilas na páxina Cultura & Turismo ALFOZ. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas fotografías e o traballo debe  levar título e o nome do autor. A temática terá que ter algún motivo relacionado coa contorna ou paisaxe de Alfoz (Castelo, zoca, cabozo…).
 
O prazo para participar e votar as fotografías está aberto e finalizará o sábado 31 de decembro ás 00:00 horas. A medida que cada participante comparta a súa fotografía, a páxina Cultura & Turismo ALFOZ...
leer más
Etiquetas:
05/12/2016
O obradoiro "O móbil e o banco de recordos" chega a Alfoz o 7 de decembro. Está organizado pola Tic da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello.
 
O 7 de decembro terá lugar no Centro Sociocultural de Alfoz, o obradoiro O móbil e o banco de recordos.
 
Dedicado a persoas maiores de 55 anos, pretende recopilar os seus recordos a través de imaxes. Os participantes deberán aportar unha ou máis fotos antigas que serán dixitalizadas e comentadas para fomentar a sociabilidade e interactividade. Os asistentes farán ese traballo de dixitalización co seu propio móbil e con esas fotografías realizarase un álbum. O obxectivo é que esa memoria dos nosos maiores perdure na rede.
 
Este obradoiro que dará comezo ás 10:30 horas, está organizado pola TIC da Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Alfoz.
 
Etiquetas:
16/11/2016
A Biblioteca Pública Municipal de Alfoz convoca o XIV Concurso de Postais de Nadal. Os traballos poden presentarse ata o 12 de decembro.
 
A Biblioteca Pública Municipal de Alfoz convoca o XIV Concurso de Postais de Nadal. As bases recollen que poden participar todos os nenos e nenas das categoría de 1º Ciclo de Primaria, 2º Ciclo de Primaria e 3º Ciclo de Primaria.
 
Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe e a cada un deles acompañará unha folla co nome e demais datos do autor. As postais serán feitas sobre cartolina de tamaño aproximado DIN A4 doblado pola metade.
 
O prazo de presentación das postais rematará o 12 de decembro de 2016 debendo ser entregado polos seus autores na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Alfoz.
 
Un xurado seleccionará por cada modalidade e categoría un máximo de dous traballos...
leer más
Etiquetas:
24/10/2016
En Alfoz impartiranse clases de gaita e de percusión tradicional. Será todos os venres a partir das sete da tarde.
 
Na Escola Vella de Adelán en Alfoz levaranse a cabo clases de gaita e percusión tradicional (tambor, bombo e pandeireta).
 
Estas clases están dirixidas a nenos/as e adultos e impartiranse todos os venres a partir das 19:00 horas.
 
A matrícula está aberta e as persoas interesadas poden recabar máis información ou facer a súa inscrición no número de teléfono 699 39 66 64.
 
Etiquetas:
21/10/2016
Talla de madeira, pancetada, chourizada e magosto en Alfoz o 22 de outubro. Será no pavillón municipal.
 
O sábado, 22 de outubro, haberá unha demostración de talla de madeira en Alfoz. Será no pavillón municipal a partir das 20:00 horas.
 
Rematada a demostración haberá un magosto para os asistentes e ás 21:00 terá lugar unha pancetada e chourizada de balde para socios e a prezos populares para non socios.
 
Estas actividades están organizadas pola asociación cultural xuvenil O Castelo e colaboran o Concello de Alfoz e a Deputación de Lugo.
 
Etiquetas:
17/10/2016
O Castelo de Castrodouro, en Alfoz, acollerá o 28 de outubro unha charla-café titulada "Comunidade e Muller na Galiza Rural", a cargo de Alba Díaz Geada.
 
Con motivo da celebración do día Internacional da Muller Rural, presentouse en Alfoz a charla-café “Comunidade e Muller na Galiza Rural” que terá lugar o vindeiro 28 de outubro ás 20 horas no Castelo de Castrodouro de Alfoz, organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade coa colaboración do Concello de Alfoz.
 
A charla será conducida por Alba Díaz Geada, doutora en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. Alba Díaz Geada, con vínculos familiares no concello de Alfoz, ten feito estudos de investigación sobre o sindicalismo labrego galego e as mudanzas económicas, sociais e culturais no rural galego durante o franquismo e o proceso de cambio de réxime político. Grazas a un contrato posdoutoral puido seguir a afondar nestas...
leer más
Etiquetas:
13/10/2016
Manolo Couto ofrecerá un concerto este sábado, 15 de outubro, na Casa da Cultura en Alfoz. A entrada é de balde.
 
O cantautor galego Manolo Couto ofrecerá un concerto o sábado, 15 de outubro, na Casa da Cultura do Concello de Alfoz.
 
Será a presentación do seu cuarto disco cun repertorio que inclúe pasodobles, rumbas e boleros.
Baixo o título de Tu música de siempre Manolo Couto tamén interpretará temas propios.
 
O concerto dará comezo ás 19:00 horas e a entrada é de balde.
Etiquetas:
30/08/2016
Os días 16 e 17 de setembro terá lugar o I Festival Músico Vocal Arcadio Mon, que organiza o Seminario de Estudos do Valadouro.

 

O Seminario de Estudos do Valadouro organiza o I Festival Músico Vocal Arcadio Mon os vindeiros días 16 (Alfoz) e 17 (Valadouro). Nel tocarán moitos músicos antigos compañeiros de Arcadio nas diversas orquestras, ademais da Banda de Foz. Igualmente haberá un concurso para novos músicos ata 20 anos.

Desde a organización sinalan que "en anteriores comunicados dixemos que a inscrición no Festival tiña como límite o 31 de agosto. Agora este prazo amplíase ata o 14 de setembro. Os rapaces de 20 anos ou menos interesados en participar poden inscribirse en peinoster@gmail.com". 

Etiquetas:
26/08/2016
Volve o teatro ao castelo de Castrodouro, en Alfoz. Será o 27 de agosto na terceira edición desta cita teatral que organiza a Área Municipal de Cultura e Turismo.
 
Este sábado, 27 de agosto, ás 20 horas celébrase nas dependecias do Castelo de Castrodouro en Alfoz unha nova edición de Teatro no Castelo, que cumpre desta volta a súa terceira edición.
 
A interpretación será levada a cabo polo Clube Teatral Elsinor da Coruña repetirá por segundo ano consecutivo, despois da interpretación de "Medea" e "A técnica do Taratantaleo" o verán pasado. Nesta ocasión serán os encargados de presentarnos a obra "Xente de pálida pel", con actores tan coñecidos como Manuel Lourenzo, Cristina Fuentes, Xosé Martínez, Carme Martínez e Xulia Miguel. Polo escenario, a ras de público e sen telón, desfilarán persoas e imaxes do mundo máxico de Álbaro Cunqueiro, baixo a dirección de Manuel Lourenzo. 
... leer más
Etiquetas:
18/08/2016
Este sábado, 20 de agosto, haberá en Alfoz unha ruta á Pena Abaladoira. Organizan: o Concello e o Freixo dos Lobos.
 
O Freixo dos Lobos e o Concello de Alfoz organizan para o sábado día 20, a ruta da Pena Abaladoira.
 
A saída en bus desde o Castelo do Castrodouro será ás 9:00 horas cara O Pereiro desde onde comezará o ascenso a pé á Pena Abaladoira. O regreso está previsto para as 13:00 horas.
 
O prezo é de 5 euros para adultos e 3 euros para menores de 18 anos. As prazas son limitadas e a reservas poden facerse ata o venres 19, nos números de teléfono 982 558 578 ou 666 372 403.
 
No trazado do percorrido cunha lonxitude de 8 quilómetros e dificultade media, os participantes poderán gozar...
leer más