Burela

Etiquetas:
18/12/2014
Uxía presenta este venres, 19 de decembro, en Burela o espectáculo A cantar con María Fumaça, co que pretende dar visibilidade aos nenos que sofren algunha discapacidade
 
A Concellería de Cultura presenta este venres, 19 de decembro, a partir das 18:00 horas na Casa da Cultura, o concerto A Cantar con María Fumaça. A actividade forma parte da programación de Nadal organizada polo Concello de Burela para estas datas e reivindica a celebración da vida a partir dunha idea orixinal da cantante galega Uxía. A entrada será libre ata completar aforo e o espectáculo esta dirixido ao público familiar.
Tal e como adiantan dende a Concellería de Cultura, María Fumaça nace como un proxecto da cantante Uxía para agasallar a Ruí, o seu afillado, un cativo con discapacidade. Dende hai anos, e sempre polo Nadal, Uxía logra reunir a unha morea de artistas amigos, para transmitir xuntos e a través da música, as súas ganas por vivir. Aínda que inicialmente...
leer más
16/12/2014
O programa de Nadal 2014 de Burela inclúe teatro e cine para os máis pequenos e música para adultos e nen@s.

 

O programa de Nadal, organizado polo Concello, a Acia local e Ledicia, inclúe teatro e cine para @s nen@s e música para nen@s e adult@s. Foi presentado esta tarde no Concello polo alcalde,José María González Barcia, a concelleira de Cultura, Mónica Pedre, e por representantes da Acia local e de Ledicia. Entre os actos previstos destacan o concerto da Escola Municipal de Música o vindeiro xoves, 18 de decembro; o concerto didáctico con Uxía o día 19; o concerto de panxoliñas da Coral Polifónica de Burela, que será o 20 de decembro; ou a presentación da Xove Orquestra Municipal de Burela, previstas para o día 21.

A programación de Nadal inclúe cine infantil os días 29 de decembro e 2 e 7 de xaneiro e varios espectáculos para os máis pequenos da casa, ademais da cabalgata de Reis. E na...

leer más
10/12/2014
Burela inicia a súa programación cultural de Nadal recibindo este sábado á Compañía de monicreques Trécola. O grupo representará a obra Lolo e a Ratoa, a partir das 17:30 horas, na Casa da Cultura.

 

A Concellería de Cultura inicia a súa programación deste Nadal 2014, organizando para o vindeiro sábado, 13 de decembro, un espectáculo de monicreques para público infantil e familiar. A Compañía Trécola será a encargada de representar, a partir das 17:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Burela, a obra Lolo e a Ratoa. A entrada será gratuíta ata completar aforo e a duración da actividade roldará os 50 minutos.

A Compañía Trécola é un dos grupos teatrais históricos galegos no ámbito dos espectáculos infantís e familiares. Comezou a súa andaina nos anos 80, partindo dunha formación inicial de actores que estudaban xuntos a mesma especialidade de monicreques no Instituto de Teatro de Barcelona. Actualmente, Trécola conta con máis de 35 montaxes, que foron estreadas nas últimas...

leer más
Etiquetas:
03/12/2014
O Grupo Rosas ofrecerá este venres en Burela un recital de boleros. O concerto terá lugar a partir das 21:00 horas na Casa da Cultura.
 
A Concellería de Cultura de Burela continúa coa súa programación cultural de outono para este ano 2014 e presenta o vindeiro venres, 5 de decembro, un concerto de boleros a cargo do Grupo Rosas. O recital terá lugar a partir das 21:00 horas no Auditorio da Casa de Cultura da vila e contará coa proxección dun montaxe audiovisual inédito. A entrada será gratuíta ata completar aforo. 
Tal e coma informan dende a Concellería de Cultura de Burela, o Grupo Rosas é unha formación nacida no ano 1998 para cubrir un espazo musical no Centro Catro Camiños de A Coruña, ofrecendo recitais en distintos programas de radio. Este grupo está integrado por Julia Mª Dopico á bandurra, Daniel Adzemian á guitarra e José Luís Mera como narrador. Dende os seus inicios levan participado en numerosas xiras e concertos,...
leer más
02/12/2014
Dende hoxe e ata o 16 de decembro está aberta a preinscrición no Concello burelés para participar nos novos cursos de escola de columna e ximnasia preventiva.
 
A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela abre hoxe a preinscrición para que os veciños e veciñas que o desexen poidan anotarse nos novos cursos de escola de columna e ximnasia preventiva, ofertados polo Concello. O prazo para inscribirse continuará aberto ata o 16 de decembro. Posteriormente, dende o día 22 e ata o 5 de xaneiro, @s alumn@s poderán formalizar a súa matrícula. Os anotados deben estar empadroados no concello de Burela e non presentar ningún tipo de contraindicación médica. Ademais, no caso da escola de columna os participantes deberán ter máis de 18 anos, e no de ximnasia preventiva, máis de 60.
 
As persoas interesadas poden anotarse xa fisicamente na aula de familia da Casa da Cultura para o curso de escola de...
leer más
Etiquetas:
30/11/2014
Exposición de Batuko Tabanka no Ceip Vista Alegre de Burela e visita a este centro de ensino.
 
O Programa de Atención a Inmigrantes do Concello de Burela en colaboración coa asociación  cultural, recreativa e para a integración social Batuko Tabanka, organiza unha actividade conxunta coa exposición fotográfica sobre os aspectos culturais da comunidade caboverdiana da devandita asociación.
As fotografías están exportas no CEIP Vista Alegre e poden ser vistas por todo o alumnado para sensibilizar e dar a coñecer a comunidade caboverdiana. Acompañando a esta actividade, o próximo luns, 1 de decembro, a partir das 12:15 da mañá achegaranse ata o centro educativo membros da asociación para explicar de primeira man a exposición aos alumnos e alumnas do centro. 
A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, sinala que “con esta...
leer más
28/11/2014
Burela acollerá a partir deste luns un curso sobre novas tecnoloxías e emprendemento dirixido a mulleres. A actividade levarase a cabo ata o 10 de decembro na Aula CEMIT, en horario de 16 a 20 horas.

 

O Concello de Burela presentou hoxe unha nova actividade dirixida a mulleres, que se levará a cabo entre o 1 e o 10 de decembro. Trátase dunhas Xornadas Formativas para mellorar, mediante o uso das novas tecnoloxías, as capacidades de emprendemento e busca de emprego feminino. Están promovidas pola Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, e levaranse a cabo os días 1, 3, 5, 9 e 10 de decembro, en horario de 16:00 a 20:00 horas, nas instalacións da Aula CEMIT na Casa da Xuventude. As interesadas poden facer as súas inscricións no Centro municipal de Información ás Mulleres.

Dende a Concellería de Igualdade recordan que “esta actividade formativa non só está dirixida ás veciñas do municipio, senón tamén a todas aquelas mulleres que proceden dos...

leer más
Etiquetas:
28/11/2014
A obra musical A nena e o grilo nun barquiño, da compañía de teatro de Magín Blanco, chega este sábado a Burela. Representarase a partir das 17:30 horas na Casa da Cultura.

 

A Concellería de Cultura de Burela presenta este sábado, 29 de novembro, a obra A nena e o grilo nun barquiño, da compañía de teatro de Magín Blanco. O espectáculo está dirixido ao público infantil e familiar e consiste no relato da historia dunha viaxe mediante a interpretación de cancións que van desde o reggae, ao pop, ao rock ou á bossa nova. Comezará ás 17:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura da vila e a entrada será libre e gratuíta ata completar aforo. Dende a Concellería de Cultura de Burela informan que este acto consiste na representación dun espectáculo de arredor de 60 minutos, centrado na música en directo e no teatro para tódolos públicos. Nel intervirán Magín Blanco coma voz e guitarra, Jorge Juncal coma pianista e acordeonista, María Faltri ao baixo, Montse Piñón coma actriz encargada a dar vida á...

leer más
26/11/2014
"Nacemos para querernos, non para mancarnos" foi o lema gañador da 4ª edición do concurso que convocou a Concellería de Igualdade de Burela, para celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

 

O salón de plenos do Concello acolleu unha xuntanza/concentración como acto de repulsa contra a violencia de xénero. Alí gardouse un minuto de silencio polas mulleres asasinadas ao longo deste ano. A continuación tivo lugar a proxección dun vídeo para sensibilizar aos asistentes sobre esta problemática social. Nos actos que tiveron lugar no Concello participaron xogadoras do Burela FSF. Tamén esta tarde foron entregados os premios aos gañadores do VIII Concurso e Microrrelatos e do IV Concurso de Lemas, organizados polo Concello para celebrar o día internacional contra a violencia de xénero. Macarena Ledo e José Díaz foron os gañadores do Concurso de Microrrelatos deste 2014 e José Mª González Pajón, usuario da Fundación Eu Son foi o gañador do Concurso de Lemas.

 

...

leer más
24/11/2014
Burela celebra o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller con Diversos Actos: un seminario, unha pancarta, unha concentración e a lectura dun manifesto.

 

Burela celebrará o 25 de novembro cun seminario, unha pancarta, unha concentración e a lectura dun manifesto, entre outras actividades, que deu a coñecer no día de hoxe a concelleira de Igualdade, Diana Durán. O  24 de novembro a antiga biblioteca será escenario do II Seminario sobre Violencia de Xénero, que organiza o Concello xunto a asociación Mulleres en Igualdade Burela. A cita xirará entorno á Mocidade ante a violencia de xénero.

Xa o 25 de novembro desenvolverase o acto institucional para conmemorar o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Segundo explica a concelleira de Igualdade, Diana Durán, “ao longo da mañá distribuiremos por Burela lazos de cor morada e tamén a publicación realizada cos microrrelatos gañadores do ano 2013. Colocaremos na entrada do Concello un libro de sinaturas onde aquelas persoas que o desexen poderán...

leer más