Cervo

Etiquetas:
24/04/2017

O Concello de Cervo celebrará a IX edición da Feira de Gando o domingo, 7 de maio. A cita, organizada en colaboración coa asociación Cabaleiros do Xunco, terá lugar no polígono industrial de Cuíña durante toda a xornada.

Así o anunciaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e os edís de Deportes e Medio Rural, José Ramón Soto e Plácido Pérez, na presentación do evento, na que tamén estivo presente o presidente da asociación Cabaleiros do Xunco, Julián Otero, e varios membros da Xunta directiva deste ente. 

Hai programadas actividades durante todo o día ao redor do gando. Deste xeito, dende as 8:00 horas ata as 14:00 horas, poderanse realizar transaccións comerciais no recinto feiral; ademais, pola mañá programáronse paseos gratuitos para os pequenos sobre cabalos de montura.

Xa pola...

leer más
Etiquetas:
19/04/2017

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, programa unha fin de semana literaria con diversas actividades que xirarán ao redor da lectura e a tradición oral.
Deste xeito, o sábado, 22 de abril terá lugar a actividade Bibliocanta, para nenos de entre 3 e 12 anos.

A cita será no salón de actos do Concello de Cervo ás 19:30 horas.

Trátase dunha actividade enmarcada no programa Ler Conta Moito, da rede de Bibliotecas de Galicia, que propón aos nenos e nenas unha fórmula divertida para que tomen contacto co cancioneiro tradicional galego, co obxectivo de recuperar e que non caian no esquecemento ditos, recitados e cancións, recuperándoos así como forma de lecer e expresión. 

A actividade será impartida por Chío Couto Rendo.

Ademais, o domingo 23 de...

leer más
Etiquetas:
17/04/2017

A edil delegada de Servizos Sociais, Pilar Armada, sinalou que a inscrición avanza a bo ritmo “xa son uns 400 os pensionistas do Concello que se anotaron e recordamos que o prazo remata este mesmo xoves, 20 de abril”.

Segundo avanzou Armada, ese día, ás 12:00 horas, terá lugar unha misa cantada pola Coral Terramar, no Pavillón da Veiga, e logo os participantes gozarán dun xantar na carpa que se instalará para a ocasión na Praza dos Campos.

Haberá música durante toda a tarde. A sobremesa correrá a cargo de grupo tradicional Cantares do Brión, e logo xa á tardiña será o dúo Epo-k o que recollerá o testigo para o baile.

Armada sinalou que o Concello entregará un agasallo a cada un dos asistentes e, así mesmo, outorgaranse os trofeos do campionato de tute e parchís que se está a xogar estes...

leer más
Etiquetas:
13/04/2017

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, programa a actuación do famoso Grupo galego de pandereteiros Radio Cos para o vindeiro mes.

A cita será o 6 de maio, dentro da axenda da III Foliada de Cervo impulsada pola ACR Fervenza de Sargadelos conxuntamente coa asociación cultural Airiños do Xunco, que organiza tamén para ese día, en colaboración co Concello, a XI Festa de exaltación da carne de porco.

Así o anunciaron o rexedor, Alfonso Villares e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, xunto aos representantes, neste caso da Asociación Fervenza, máis volcada na faceta cultural-musical do evento, Ramiro Chaves e Xosé Fernández.

Villares sinalou que “esta actuación que hoxe presentamos é o prato forte dun programa que se está rematando de perfilar para unha xornada que...

leer más
Etiquetas:
05/04/2017

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e  as edís de Cultura e Turismo, Dolores García Caramés, e Manuela Méndez, respectivamente, presentaron o programa da Semana Santa Cultural do municipio.

Unha axenda que se inaugurará este mesmo sábado co concerto do recoñecido arpista e músico polivalente Rodrigo Romaní, integrante durante máis de vinte anos do Grupo Milladoiro e que a partir do ano 2000 comezou a publicar discos en solitario.
A día de hoxe ten no mercado tres traballos: Albeida (2000), Cantos Caucanos (2003) e As arpas de Breogán (2012), e nestes intres está a preparar un novo disco que avanzará en primicia neste concerto.

Ademais, tal e como sinalou Caramés, “ao longo da semana proxectaremos películas para todos os públicos. Este mesmo domingo, por exemplo, será a quenda do filme a Praia dos Afogados,...

leer más
Etiquetas:
31/03/2017

O Concello de Cervo programa unha xornada de portas abertas na que convida a todos os artesáns interesados a visitar as instalacións do futuro centro de Artesanía de Sargadelos.

Segundo sinalou o alcalde, Alfonso Villares, “hoxe mesmo enviamos unha comunicación por correo postal a todos os artesáns que amosaron o seu interese por formar parte deste Centro de Artesanía que poremos en marcha en Sargadelos, para convocalos o xoves, 6 de abril, ás 12:00 horas no antigo edificio das Cabalerizas, para que poidan ver, en primeira persoa, o resultado das obras que alí se acometeron, e os espazos que se acondicionaron para este fin”.

É un paso máis –engadiu- “que damos dende O Concello de Cervo para a posta en marcha deste Centro de Artesanía que ocupará un edificio de 840 metros cadrados que acabamos de rehabilitar e que...

leer más
Etiquetas:
13/03/2017

O Concello de Cervo organiza un campionato de tute e parchís aberto a todos os xubilados do municipio, así o anunciou a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada.

Os interesados poden anotarse na Casa do Mar de San Ciprián chamando ao teléfono 982.87.95.83. O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 16 de marzo.

O vindeiro luns comezaranse a xogar as partidas.

Os trofeos e premios aos gañadores entregaranse na Festa do Xubilado que será o 1 de maio, na Carpa instalada na Praza dos Campos.

Etiquetas:
01/03/2017

A Casa do  Mar de San Ciprián está a acoller estes días o campionato de tute e parchís, que organiza o Concello de Cervo, a través da delegación de Igualdade, con motivo do Día Internacional da Muller, que se celebrará o 11 de marzo.

Están xogando, en horario de mañá e tarde, 18 parellas, 10 ao parchís e 8 ao tute. 

A edil delegada de Igualdade, Pilar Armada, sinalou que  “as gañadoras recibirán os correspondentes trofeos na Cea do Día da Muller, que terá lugar no Restaurante Boa Vista, o sábado 11 de marzo. Alí entregaremos unha figura de Sargadelos a cada unha das integrantes, das tres mellores parellas de cada disciplina”  

Armada recordou que “o prazo para anotarse a esta cea está aberto ata o vindeiro día 7 de marzo e haberá agasallos sorpresa para as asistentas”.

... leer más
Etiquetas:
27/02/2017

O Concello de Cervo programa para o vindeiro mércores 1 de marzo un espectáculo Dance Play. A cita será a partir das 18:00 horas na carpa instalada na Praza dos Campos.

A edil delegada de Cultura e Xuventude, Dolores García Caramés, convidou a todo o mundo “a mover o esqueleto na tarde do mércores, nunha actividade que introducimos este ano como novidade, e coa que pretendemos chegar a tódolos membros da familia”.
Caramés concretou que a actividade comezará ás 18:00 horas “a esa hora teremos todo preparado na carpa para a confección de caretas artesanais e máscaras, e xa a partir das 19:00 horas comeza o Dance Play. Ademais haberá inchables e incluso virán a visitar aos pequenos as mesmísimas mascotas de Disney”.

Esta actividade –engadiu- “completa un calendario de Entroido que perfilamos pensando en tódolos...

leer más
Etiquetas:
22/02/2017

O Concello de Cervo, a través da delegación de Educación e Cultura, inclúe no calendario de Entroido unha Festa Infantil para os máis pequenos. Será o luns, 27 de febreiro, a partir das 18:00 horas, na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián.

A edil de Cultura, Dolores García, anunciou hoxe que contará coa actuación do pallaso Peter Punk, “un dos clowns e humoristas máis destacados e programados en Galicia nestes últimos anos, e, en Cervo, temos o privilexio de poder gozar do seu espectáculo este Entroido,  nunha tarde que será de risas aseguradas para toda a familia”

Ademais, García sinalou que na carpa instalaranse unha serie de inchables “ademais de moitas outras sorpresas que queremos que descubran ese mesmo día na carpa, polo que animamos a tódalas familias a que se acheguen cos seus nenos esa...

leer más