Eventos

Etiquetas:
12/07/2017

A Deputada de Economía e Facenda e Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, mantivo un encontro cos 25 nenos que están a participar no Campamento Infantil Urbano, que organiza o Concello, e que financia o organismo provincial 8.000 euros, e que servirán tamén para realizar ciclos teatrais ou talleres de manualidades, entre outros. 

A Deputada explicou que “este completo programa de actividades culturais, que contribúe a conciliar a vida laboral e familiar dos veciños da vila, é unha oferta lúdica que esperta moito interese entre os máis pequenos do Concello”. 

García Bermúdez subliñou que os nenos que participan nesta iniciativa “realizan xogos educativos e musicais, de interpretación, artísticos, experimentais e de educación en valores; e desenvólvense no Pavillón deportivo da vila”. Osrapaces,con idades entre os 3 e 12 anos,desfrutarán desta programación ata o 31...

leer más
Etiquetas:
10/07/2017

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, xunto ao Concelleiro de Turismo, Xabier Pardiñas, a outros membros da organización, presentaron este luns a XIX Feira Medieval do municipio, que financia o organismo provincial a través dunha axuda de 2.000 euros para a celebración deste evento. Ademais a Deputación colabora con demostracións de artesanía e oficios tradicionais, a través do CENTRAD.

Vidal Baamonde subliñou que “esta Feira rememora o pasado históricode Alfoz,e celebrase nun marco incomparable como é a contorna de castelo de Castro de Ouro, polo tanto unha cita ineludible para esta fin de semana, e para coñecer o legado histórico de Alfoz”. Ademais, o Deputado explicou que dende o Goberno da Deputación“na presente anualidade investimos 330.000 euros para a realización de 71 eventos turísticos...

leer más
Etiquetas:
10/07/2017

A ribadense Celia Castro Fernández, que é catedrática de Historia da Arte na Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, de Lugo, será a pregoeira das festas patronais de Ribadeo na honra de Santa María do Campo. O acto celebrarase o día 2 de setembro, sábado, ás oito e media da tarde no Cine Teatro ribadense e incluirá unha actuación da Coral Polifónica de Ribadeo. Anunciouno hoxe, luns, a comisión organizadora das festas patronais ribadenses deste ano.

Celia Castro está realizando actualmente a tese doutoral sobre pintura e fotografía no século XIX. É membro fundadora da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Lugo e da Asociación de Amigos do Camiño Norte. Tamén pertence á Sociedad Cultural Benito Prieto Coussent, que recopila e estuda as obras deste artista ribadense. Participou na reestruturación e montaxe do Museo Provincial...

leer más
Etiquetas:
10/07/2017

O Concello organiza durante este mes de xullo varias actividades para veciñ@s e visitantes. Seguirán as Xeorutas polo Perdouro e A Marosa, e tamén a Ruta do Peixe. Haberá ademais cine ao aire libre, a semana de jazz, a segunda carreira nocturna Burela Bonita, a feira de antigüidades, a Festa Castrexa e a Romaría do Monte Castelo. Este ano como novidade, está programada unha ruta en kayaks pola costa de Burela a finais de mes. Estas actividades eran presentadas este mediodía polo alcalde, Alfredo Llano, e os concelleiros de Turismo, de Medio Ambiente e de Cultura, Ramiro Fernández Rey, Noelia María Ben e José Díaz.

O edil de Turismo e Deportes declarou que “no día de hoxe no Concello de Burela vimos de presentar as actividades que temos programadas para o mes de xullo, organizadas por parte do Concello. É un traballo coordinado entre as...

leer más
Etiquetas:
09/07/2017

O vindeiro xoves, 13 de xullo, darán comezo en Mondoñedo os Seráns de Lecer, que terán lugar os xoves durante o verán.

Trátase dunha novidosa iniciativa que pon en marcha o Concello mindoniense e que está prevista para as 20:00 horas. Deste xeito a entidade local amplía a súa oferta lúdica para estes meses de verán. 

Seráns de Lecer estará formada por diversas actividades de teatro e música, así como por outras accións destinadas a humanizar as rúas e que xente poida gozar das actuacións.

 

09/07/2017

O Concello de Cervo convida a gozar do Festival Folklórico Infantil que se celebrará en San Ciprián o sábado 22 de xullo, da man do Grupo Mistura de Liero.

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron a cita acompañados do Presidente do Grupo organizador, Claudio López, e da profesora dos pequenos, Claudia Muíño, xunto a unha representación precisamente dos membros máis novos do conxunto.

A cita terá lugar na Praza dos Campos, a partir das 19:00 horas, e está prevista a participación das seccións infantís de Ledicia de Burela, Os do 21 do Vicedo, Nova Semente de Celeiro, Río Miño de Portomarín e Mistura de Lieiro.

En total son máis de 100 os nenos e nenas os que actuarán nunha xornada na que o Concello de Cervo lles brindará un xantar de...

leer más
Etiquetas:
08/07/2017

O vindeiro domingo, 9 de xullo, terá lugar unha nova edición do Rastrillo Popular Solidario, que como é habitual se celebra o segundo domingo de cada mes. 

O concelleiro de Cultura, José Díaz, sinala que “estamos ya en verano y esperamos más afluencia tanto de participantes en el rastrillo como de visitantes”.

O Rastrillo Popular Solidario estará situado na praza da Mariña en horario de 10 a 15 horas. 

 

Etiquetas:
07/07/2017

A cuarta edición do Ribadeo Indiano da comezo ás cinco desta tarde co redescubrimento da placa na rúa Bos Aires, acto no que participará o embaixador da República Arxentina, Federico García Puerta. Xunto a él estarán o alcalde, Fernando Suárez, e o cronista oficial de Ribadeo, Eduardo Gutiérrez. Durante estes tres días desenvolverase un programa cheo de actividades que o domingo rematarán na parroquia de A Devesa, a máis indiana do concello.

A concelleira de Turismo, Ana Martínez, salientou que “o Ribadeo Indiano pretende algo máis, algo máis importante en certa medida que a propia imaxe de ir guapo. Queremos recordar e, desde logo, rememorar esa parte importante da historia na que tamén se pasou mal, na que a xente cando ten que emigrar e deixar o propio, deixar o que un quere, deixar a terra, xera esa sensación de perda, de nostalxia, do...

leer más
Etiquetas:
05/07/2017

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, e o Alcalde de Burela, Alfredo Llano, acompañados do Concelleiro de Cultura de Burela, José Díaz García, e do Concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey,presentaron este mércores no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a I edición do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte e a II Carreira Nocturna Burela Bonita que se celebran durante os meses de xullo e agosto no municipio mariñán.O Goberno da Deputación colabora cun achega económica de16.000 euros para a celebración de actividades culturais e deportivas durante todo o ano no Concello de Burela.

Rivera Capón destacou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta dúas iniciativas culturais e deportivas co obxectivo, por un lado, de impulsar e promocionar o traballo dos artistas locais da Mariña, e por outro, fomentar hábitos de...

leer más
Etiquetas:
05/07/2017

A praia focense de Tupide acollerá unha festa acuática infantil este fin de semana, sábado 8 e domingo 9. O evento foi presentado pola concelleira de Xuventude, Mercedes González, e Ibán García, da empresa IG10, que se ocupa da xestión desta actividade.

Dende a organización explicaron que “o sábado, 8 de xullo, a partir das 15:30 horas teremos unha festa acuática infantil con tobogáns, inchables acuáticos,… E o domingo, 9 de xullo, ás 17:30 horas as motos de auga toman un ano máis a ría de Foz, grazas á colaboración do club Galijet co Concello. Todas as persoas a partir de 6 anos están invitadas a dar un paseo pola nosa fermosa ría con pilotos deste club”.