Cervo
O Concello de Cervo anuncia que este domingo, día 6 de setembro, de 11:00 a 13:00 horas a Sala Cultural Xosé Vizoso, no edificio das Carboeiras, acollerá o I Concurso de Puzzles Sargadelos peza a peza, unha proposta novidosa impulsada por HAI LARÁN, Escape Room & Espazo Creativo.
“Un reto por parellas no que o enxeño, a concentración e o traballo en equipo serán fundamentais para completar o puzle no menor tempo posible”, explica o Concello de Cervo, que engade: “a iniciativa conta cunha excelente resposta e estímase a participación dunhas 40 parellas, que se darán cita neste escenario singular do Conxunto Histórico de Sargadelos para compartir unha mañá de diversión e creatividade.
Haberá premios para os tres mellores tempos, así como un recoñecemento ao mellor tempo local.
...
leer másO Concello de Cervo abrirá este venres, día 4 de setembro, o prazo de inscrición para os cursos da piscina municipal correspondentes á nova tempada 2026-2027. A programación inclúe cursos de natación tanto para público infantil como adulto, con diferentes grupos organizados en función do nivel de natación, “co obxectivo de adaptar as clases ás necesidades e características das persoas participantes. Ademais, tamén se impartirán clases de Aquagym”.
As fichas de inscrición deberán realizarse de forma presencial na piscina municipal, onde tamén se facilitará toda a información relativa aos grupos, horarios e funcionamento dos cursos.
O criterio de admisión establecerase en función da orde de entrega da documentación, tendo preferencia as persoas empadroadas no concello de Cervo.
Desde o...
leer másO Concello de Cervo, coa colaboración de Tarabela Creativa, pon en marcha este venres, día 4 de setembro, a segunda edición do Festival de Narración Oral De Cobo a Xunco.
Esta nova edición que percorrerá diferentes parroquias do municipio durante os venres de setembro, con historias para público infantil e adulto e unha gran gala final, anuncia o Concello de Cervo, que dá a coñecer o programa de actividades.
Este venres 4 ás 17:00 horas nas Escolas Vellas de Rúa, dentro do Programa Regato (para público infantil) Pablísimo ofrecerá Cabicivai; e ás 20:30 horas no Local Social do Burgo de Trasbar, dentro do Programa Río (para público adulto) estarán Ángeles Goás e Vero Rilo, con Contos colorados.
O 11 de setembro ás 17:00 horas no Local Social da Senra, dentro do ...
leer másO Centro de Emprendemento do Concello de Cervo, situado no Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos, continúa ampliando a súa actividade coa incorporación dunha nova iniciativa empresarial. Trátase de Aira, un proxecto creativo, artesanal e familiar que ocupará o local número 1 das instalacións municipais e que “nace coa vontade de converterse nun punto de encontro para a creatividade, a aprendizaxe e o tempo compartido en familia”.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, asinou a cesión de uso do local coa promotora do proxecto, Tatiana Fraga Fernández, á que deu a benvida ao Centro de Emprendemento e desexou moita sorte nesta nova etapa.
O Concello de Cervo explica que Aira “ofrecerá unha combinación de talleres, actividades creativas e culturais, produtos artesanais e servizos...
leer másO municipio de Cervo será o escenario da III Mini BTT Medela MTB, unha cita deportiva que se celebrará o vindeiro sábado 12 de setembro no Polígono de Cuíña e que reunirá as categorías máis novas do ciclismo de montaña.
A presentación da proba correu a cargo da alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, que estivo acompañada por varias das crianzas que forman parte do Medela MTB, club responsable da organización da proba, coa colaboración do Concello de Cervo.
O Concello de Cervo explica que “o evento está incluído no calendario oficial da Federación Galega de Ciclismo 2026, dentro da modalidade de Mini BTT (H.3A), e desenvolverase na parcela 59 do Polígono de Cuiña, un espazo de titularidade municipal que foi cedido polo Concello de Cervo ao Medela MTB para o desenvolvemento da actividade deportiva do club. A...
leer másO Concello de Cervo e o do Valadouro convidan á veciñanza a participar na II Xuntanza na Punta da Carretera, unha celebración que terá lugar este domingo, 30 de agosto, no espazo situado entre os concellos de Cervo e O Valadouro e que “busca favorecer o encontro e a convivencia entre os veciños e veciñas de ambos municipios”.
A programación arrancará ás 13:30 horas cunha sesión vermú amenizada polo dúo Eclipse, á que seguirá, ás 14:30 horas, unha comida campestre cun menú de 20 euros que inclúe empanada, churrasco, chourizo, sobremesa, café, pan, viño e auga. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, continuará a festa cunha nova sesión musical do dúo Eclipse, “garantindo ambiente festivo durante toda a xornada”.
Desde o Concello de Cervo destacan “a importancia de manter e impulsar este tipo de encontros, que permiten...
leer másO Concello de Cervo anima á veciñanza a participar nas clases de baile de salón promovidas pola Asociación Arama e a Escola de Baile Hover Cross, “unha proposta pensada para achegar o baile e a actividade física a persoas de diferentes idades e que se desenvolverá os martes, no pavillón do CEIP Península da Paz, en San Ciprián”. As clases arrincarán o 15 de setembro, ás 21:00 horas.
A iniciativa foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés e a concelleira, Mali Méndez, xunto co presidente de Arama, Manuel Casas, o profesor internacional de baile de salón Francisco Villarino e a profesora Saray Morales, que se encargarán da formación.
O Concello de Cervo explica que as clases “terán unha periodicidade semanal e estarán impartidas por profesorado titulado, ofrecendo a oportunidade de iniciarse ou...
leer másO Concello de Cervo anuncia que este próximo sábado, 29 de agosto, ás 22:30 horas a Praza dos Campos, en San Ciprián, acollerá unha nova cita musical dentro do ciclo de Concertos do Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia, coa actuación de Óscar Ibáñez & Tribo. A entrada é libre.
O público “poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión. Unha mestura de tradición e modernidade, cun marcado carácter atlántico e celta”, explica o Concello de Cervo, que engade: “unha noite para desfrutar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio”.
Cervo acolle a semana infantil organizada pola Asociación Cultural Airiños do Xunco desde este luns, día 17 de agosto, ata o venres 21. Todas as actividades serán na Praza do Souto a partir das 18:00 horas, agás o venres, que está programada para as 20:30.
Este luns hai xogos tradicionais; o martes, chan interactivo; o mércores, master chef infantil; o xoves, inchables; e o venres, ensaio xeral da 48 Queimada Popular.
Airiños do Xunco destaca que “a Praza do Souto encherase, coma todos os anos, de diversión para os máis pequenos da casa”.
Cervo será un ano máis o escenario da Queimada Popular, “unha das festas con máis identidade da contorna, declarada de Interese Turístico Galego, que este ano celebra a súa 48ª edición o próximo sábado 22 de agosto, cunha programación que volverá mesturar tradición, cultura, espectáculo e música para todos os públicos”, anuncia o Concello.
Na presentación da festa participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, a concelleira Mali Méndez, o edil Adrián Arias e membros de Airiños do Xunco, que organizan a festa en colaboración co Concello,
A rexedora destacou que “a Queimada é moito máis ca unha festa: é unha manifestación da nosa identidade, das nosas raíces e do compromiso por manter vivas as tradicións que nos definen como pobo. É un orgullo para o Concello de Cervo acoller unha celebración que cada...
leer más











