Gastronomía
Do venres 14 ó domingo 16 de Abril, a hostalaría da Asociación de Comerciantes do Centro Histórico pon en marcha a segunda de Edición das Xornadas Gastronómicas da Tortilla de Viveiro.
“Tralo éxito da primeira edición, volvemos a poñer en marcha estas Xornadas gastronómicas que tan boa aceptación tiveron o ano pasado. Durante esta fin de semana poderemos desfrutar deste manxar da cociña clásica española. Con cebola ou sen cebola, doradiña ou estilo betanceira, a tortilla é un éxito asegurado en calquera mesa”, indican desde o CCH.
Nesta segunda edición sorprenderán versionando a tradicional receita da tortilla de pataca e ovo, aportando ás súas creacións un toque de imaxinación.
Os locais que participan e as súas tapas son:
1.- Mesón O Recuncho.- “Tortizza de porco Celta” 2.- Restaurante Casa Pepi...
El establecimiento hostelero A Menchina, de Ribadeo, reabrió con nueva gerencia y acaba de integrarse en la Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos (ACISA). Los actuales responsables del establecimiento decidieron mantener en la carta platos típicos de la gastronomía de esta zona, que además cuenta ahora con diversas carnes gallegas y argentinas, que preparan a la brasa.
Los nuevos responsables de A Menchina, Gustavo Franzini y Patricia Wagner, explican: “nuestra trayectoria previa se remonta a varias décadas atrás en establecimientos como la Sociedad Gastronómica Piemont, en Alicante; el Restaurante Pandos (Asturias); el Hotel Restaurante Armiñe (Bilbao), y el restaurante Moby Dick (Barreiros). Tras nuestra llegada a Galicia, en la temporada de verano pasada con el proyecto anteriormente mencionado, no tardamos...
leer másA XXI Festa do Berberecho celebrarase no peirao de Foz este sábado, 15 de abril, pero previamente, o xoves 13, ás 20:00 horas no Cenima haberá unha charla de Xesús do Breogán sobre toponimia desde a Ría de Foz ata Cu do Castro.
O sábado 15 as actividades comezarán ás 11:00 horas coa actuación dos grupos tradicionais A Subela e o Feitizo. Desde ás 11:30 horas haberá un programa especial de Radio Foz desde a carpa instalada no peirao, que se abrirá ás 12:00 para o pregón, que correrá a cargo do xornalista e escritor Martín Fernández Vizoso. Despois actuará o grupo Mar Aberto e ás 13:00 horas empezará unha degustación de berberechos e mexillóns. A partir das 20:00 horas a degustación trasládase aos locais de hostalería de Foz, nos que ofrecerán berberechos en varias preparacións.
Ademais a partir das 23:30 horas...
leer másA praza do Concello de Trabada acollerá a cuarta edición da Festa Gastronómica da Enfariñada o día 7 de maio, domingo, a partir das 12:00 horas.
Ademais de degustación da enfariñada, haberá mercado de produtos locais de proximidade e as actuacións musicais de Cuarteto Seimeiro, Airiños da Freba e Luar na Lubre.
“Unha proposta gastrocultural que, abofé, hai que subliñar no calendario”, din os organizadores do evento, que promove o Concello de Trabada coa colaboración da Deputación de Lugo.
Con novas propostas e o bo facer de sempre, Lugar das Marías*** abre a temporada 2023 co obxectivo de seguir ofrecendo experiencias únicas na aldea da Rigueira-Xove.
Ás propostas de sempre arredor do aloxamento nos cuartos de Maruja Mallo, María Casares, Maruxa e Coralia, María Miramontes e Avoa Presenta e da variada carta de almorzos e brunch, sumaranse tamén novas experiencias efémeras, contos na leira, exposicións e concertos así como o showroom de Vacaloura e Xurela.
A fin de semana do 22 e 23 de abril dará comezo o programa Experiencias efémeras coa proposta Cerámica na aldea, un proxecto enmarcado dentro do Plan de Sostibilidade Turística que xestiona a ára de Turismo da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense. Esta experiencia slow que consisitirá no desenvolvemento dun obradoiro de cerámica con Iria...
leer másO 6 de abril, día de Xoves Santo, a partir das sete da tarde celebrarase a XIX edición da Festa do Polbo en 8 establecementos hostaleiros de Xove: Bar Pepe, Cafetería A Roda, Pulpería Bar Cociña, O Cabaliño, A Fuga, O Refugio, Onde Sempre e La Cívica. O prezo de cada ración de polbo é de 14 euros.
Este evento gastronómico, que será amenizado polo grupo de gaitas da Asociación Cultural Saiñas, conta coa colaboración e o patrocinio do Concello de Xove.
O Concello ven de presentar as bases do concurso gastronómico Ribadeo de Tapeo, que chega á súa décimo sexta edición e que terá lugar do 13 ao 21 de maio.
O concelleiro de Turismo e Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, dixo que “esta nova edición desexamos que reflicta a identidade gastronómica do noso pobo con fondas raíces tradicionais, mais sempre na vangarda e buscando a distinción e a diferenciación. E son precisamente dous factores claves para favorecer a continuidade no tempo dun dos concursos culinarios máis veteranos de Galicia. E un espazo no que os nosos hostaleiros se converterán en anfitrións e os nosos produtos en verdadeiros protagonistas”.
O edil ribadense explicou que “o concurso dará comezo o 13 de maio e prolongarase ata o 21 de maio.O prazo de inscrición para os establecementos remata o 14 de...
leer másEste ano o CCH de Viveiro estrena o Tapeo de Cuaresma este venres, 24 de marzo. Unha iniciativa posta en marcha en colaboración ca Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro, e na que participan 7 locais que ofrecerán tapas variadas por 2,50€.. “ao ser un tapeo de Cuaresma ninguna das tapas leva carne”, explican desde o CCH.
Os locais que participan e as tapas que servirán tanto ó mediodía como pola noite son: Pulpería O Panadeiro (salpicón de centolo e marisco); Atlántico gastrobar (fusilli con atún e tomate); Mesón O Recuncho (tempura de verdura e langostino); Casa Pepi (lágrima de merluza); El Tigre (roliños de allo gratinados con catro queixos); Cornelius (pasta negra con gambas, setas e galmesano) e Heladería Puerta Real (tarta cheesecake de fresa).
O Seminario de Estudos Terra de Viveiro celebrará este domingo, 26 de marzo, a tradición local do Día das Tortillas, previa á Semana de Paixón, e que tanto arraigo mantén en Viveiro.
Os organizadores explican que “durante a xornada na cima do monte San Roque os participantes poderán gozar das fermosas paisaxes do val e da ría de Viveiro, así como das explicacións do cronista oficial da cidade, Carlos Nuevo Cal, quen falará sobre as orixes da advocación ao santo de Montpellier e da súa relación coa peste e con outras pandemias. Igualmente, explicaranse distintas lendas e historias relacionadas co mar de Viveiro, fonte inesgotable de tradicións e cultura. Deseguido, xantaremos na Parrillada Mirador San Roque para degustar as típicas tortillas, un variado churrasco e sobremesa, no ambiente de confraternidade que nos caracteriza”.
A parroquia de Bravos, no concello de Ourol, celebra a súa tradicional Festa da Tortilla este sábado, 25 de marzo, como cada ano por estas datas.
Está organizada pola asociación de veciños Irmáns Vilar Ponte e será no seu local social a partir das 21:00 horas.
Haberá degustación de tortilla e de raxo de balde, ademais de baile amenizado polo dúo Estrellas.












