Teatro
Tin o calcetín e Tina a calcetín achegan á Biblioteca Pública Municipal de Burela da man de Galitoon co obradoiro “Monicreques de calcetín”, unha proposta para nenos e nenas de a partir de 3 anos na que poderán construír e animar o seu propio monicreque.
A actividade desenvolverase o 10 de outubro de 12:00 a 13:00 horas na Casa da Cultura de Burela, e está pensada para que o público infantil poida achegarse ao mundo dos monicreques a través dunha actividade creativa e divertida.
As prazas son limitadas a 40 nenas e nenos e cubriranse por rigorosa orde de inscrición. As familias interesadas xa poden anotarse na Biblioteca Pública Municipal ata o xoves 8 de outubro, en horario de 9:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas. Dende a organización sinalan que o ideal é que cada nena ou neno participe acompañado dos seus...
leer másO auditorio da Casa da Cultura Manuel María de Foz acolle un ciclo de teatro amador os días 11, 18, 19 e 25 deste mes de setembro. Todas as representacións serán ás 20:30 horas e o prezo da entrada é de 3 euros.
Este venres, 11 de setembro, Max Teatro ofrecerá a obra titulada Así vai a construción. O día 18 de a Asociación Cultural de Teatro Pedroso representará O mundo ao revés. Ao día seguinte a Asociación Dramatúrxica Pico do Castro de Foz escenificará Trato a Cegas. E o 25 de setembro Teatro Pesadelo ofrecerá a obra Xa é hora.
O Concello de Lourenzá publica as bases para participar no VIII Certame de Teatro Afeccionado. As representacións dos grupos que sexan elixidos desenvolveranse durante o mes de novembro no edificio multiusos Ponte de Cuñas.
Nas bases explícase que “o Concello de Lourenzá, consciente do interese que o teatro esperta entre os laurentin@s e ao obxecto de incentivar a participación dos grupos no VIII Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá 2026, establece as bases reguladoras para a participación no mencionado certame e os premios que se outorgarán”.
No documento tamén se indica que “poderán participar unicamente compañías ou grupos de teatro afeccionado e que superen un proceso previo de selección, admitíndose calquera tipo de xénero e empregando preferentemente a lingua galega en calquera das súas...
leer másO Concello do Valadouro anuncia que organiza entre o 29 de agosto e o 3 de setembro “seis noites para gozar do teatro amador, do humor e das historias dos nosos grupos”. Serán todos os días ás 22:00 horas e con entrada de balde no salón de actos do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo. A apertura de portas no local será 20 minutos antes de cada función.
Este sábado, día 29 de agosto o grupo Os Pícaros de Lagoa (Alfoz) representará a obra titulada Da taberna ao consultorio e da cociña ao purgatorio. O domingo 30 O Centiño, de San Martiño (Foz), escenificará O Autobús…. O luns 31 A Adala (Fazouro) ofrecerá a obra Ai, Señor, Señor.... o martes 1 de setembro Ollomao (Barreiros) representará Dona Clara. O mércores 2 Pico do Castro (Foz), con Cousas de vellos. O xoves 3...
leer másO Colectivo Cultural Ollomao anuncia que este domingo, día 2 de agosto, ás 21:00 horas, volve aos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante para representar a obra teatral Dona Clara. Explica que “nesta ocasión será con taquilla inversa. Ou, dito doutro xeito, faremos unha versión elegante do tradicional pasar a gorra. Non hai un prezo fixo de entrada: ao rematar a función, cada persoa poderá achegar a cantidade que considere, segundo as súas posibilidades e o valor que lle dea á experiencia vivida. É unha forma diferente de apoiar a cultura e de facer posible que o teatro siga chegando á nosa contorna”.
“Nós xa temos moitas ganas de compartir outra noite de verán convosco, entre risas, emocións e moito teatro”, engade Ollomao, que tamén anuncia que apertura de portas será ás 20:40 horas. “Prégase puntualidade. Unha vez comece a...
leer másO Concello de Lourenzá anuncia que a Praza do Conde Santo converterase nun gran escenario ao aire libre para acoller a representación teatral Ñiqui Ñaque, unha coprodución de Espectáculos Valente e o Centro Dramático Galego. Será este domingo, día 2 de agosto, ás 20:00 horas.
Os actores Dani Lago e Ángel Blanco interpretarán un texto de Cándido Pazó coa dirección de Roberto Vázquez.
“Unha proposta teatral para gozar da cultura e do humor nunha tarde de verán pensada para todos os públicos”, explica o Concello de Lourenzá.
O Concello de Viveiro anuncia que a partir deste martes, día 28 de xullo, abrirase o prazo para reservar as entradas da representación teatral Catro Vellos Mariñeiros: A Homenaxe, que terá lugar o mércores 5 de agosto ás 21:00 horas no Teatro Pastor Díaz.
As reservas poderán realizarse por teléfono, chamando ao 982 560 162, ou a través do correo electrónico cultura@viveiro.gal, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Cada persoa poderá solicitar un máximo de catro entradas.
Desde o Concello de Viveiro anímase á veciñanza a asistir a esta representación e lembra que “as reservas se atenderán a partir da apertura do prazo”.
O Concello de Cervo anuncia que este venres, día 24 de xullo, ás 20:00 horas o Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos “converterase tamén nun gran escenario ao aire libre para acoller Ñiqui Ñaque, unha coprodución de Espectáculos Valente e o Centro Dramático Galego. Un espectáculo cheo de humor, clown, máscara e acrobacia que segue a historia de Cosme e Damián, dous cómicos ambulantes que, cando están a piques de disolver a súa compañía, reciben unha inesperada proposta: representar unha peculiar versión de Romeo e Xulieta mentres continúan a súa viaxe nun motocarro avariado”.
É unha obra con texto de Cándido Pazó, dirección de Roberto Vázquez e interpretación a cargo dos actores Con Dani Lago e Ángel Blanco.
A entrada é libre.
O Concello de Bareiros anuncia que a programación cultural A Voltas cos Contos regresa un ano máis “para encher de historias, risas e momentos de xuntanza e diversión espazos das parroquias do interior” do municipio.
Nesta ocasión o Concello de Barreiros convida a desfrutar dos espectáculos de Iventi Teatro (local social de Cabarcos), Lilá Teatro (local social de San Xusto) , Xarope Tulú (escola de Vilamartín Pequeno), Cris de Caldas (Teleclub de Vilamartín Grande), Tarabela Creativa (teleclub da Rilleira) e Hermanager Producións (escola de Celeiro de Mariñaos). A programación desenvolverase durante os meses de xullo e agosto.
Desde a área de Dinamización valoran positivamente “a acollida que tivo esta programación os anteriores veráns e animan a toda a veciñanza a gozar das distintas e variadas propostas...
leer másA Escola Municipal de Teatro de A Pontenova presenta a obra titulada Inquisítame Outra Vez. Será este domingo, día 14 de xuño, ás 19:30 horas na Casa da Cultura de A Pontenova.
O Concello da Pontenova anuncia que é “unha nova proposta teatral que non vos deixará indiferentes. Unha cita imprescindible para gozar do talento local e dunha tarde de teatro en compañía. Agardámosvos para compartir unha xornada chea de emoción, interpretación e cultura”.












