Eventos

29/01/2026

Os días 7 e 8 de febreiro, sábado e domingo, celebrarase en Mondoñedo o VIII Foro Labrego de Agroecoloxía baixo o título A agroecoloxía é o relevo. O encontro, organizado polo Sindicato Labrego Galego co financiamento da Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, terá lugar no Pazo de Santomé.

Haberá palestras centradas no relevo xeracional, visitas a proxectos labregos e xantares agroecolóxicos.

Etiquetas:
29/01/2026

O concello de Cervo celebrará o XIX Encontro de Palilleiras e Feira de Artesanía o sábado 11 de abril, na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián.

O evento foi presentado pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, pola concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada, e por unha representación das palilleiras de San Ciprián, na Casa do Mar, no local que empregan habitualmente para desenvolver a súa actividade.

O Concello de Cervo explica que “con 19 edicións de traxectoria, o Encontro de Palilleiras é unha cita xa plenamente consolidada no calendario do municipio, coa finalidade de poñer en valor unha tradición artesanal de gran relevancia cultural, que se mantén viva grazas á paciencia, á dedicación e á creatividade das persoas que a practican. Durante a xornada as persoas asistentes poderán...

leer más
Etiquetas:
29/01/2026

Lourenzá celebrará o seu desfile de Entroido o Domingo de Piñata, día 22 de febreiro. Repartirá máis de 5.000 euros en premios e estará amenizado por Puzzle Animación.

O desfile, organizado polo Concello de Lourenzá, empezará ás 16:30 horas e as inscricións para participar poden facerse na Biblioteca Municipal de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres ou por teléfono no número 982.12.10.06; e tamén o propio domingo 22 de febreiro no recinto feiral de Vilanova de 12:00 a 15:00 horas.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anuncia que nos próximos días publicaranse as bases do desfile de Entroido na web municipal.

28/01/2026

A asociación cultural Saíñas organiza o vindeiro sábado 7 de febreiro a XVII Festa do Lacón, “unha cita xa consolidada para o uso e desfrute de todos os socios, veciñanza e visitantes”, anuncia o Concello de Xove, que explica: “o evento terá lugar no Pavillón Municipal de Xove, cuxas portas estarán abertas a partir das 20:30 horas, para degustar un delicioso menú completo composto por sopa, lacón, patacas, chourizo, pan, bebida e, como remate, postres variados e chocolatada. Todo isto poderá desfrutarse por un prezo popular de 12 euros, unha cantidade moi accesible coa que cada participante poderá cear e, ao mesmo tempo, colaborar co labor da asociación. A festa estará amenizada con música e baile en directo, ademais de sorteos e karaoke, garantindo unha noite de diversión e boa compañía”.

Desde a asociación cultural Saíñas convídase “a...

leer más
28/01/2026

A asociación cultural O Pasatempo organiza unha cea de cocido con baile de disfraces en Mondoñedo para o día 7 de febreiro, sábado.

A música correrá a cargo do dúo Epo-K e do trío Merengue. A apertura de portas será ás 21:15 horas, a cea comezará as 22:15 e o baile de disfraces será desde as 00:30 horas.

Haberá sorteos e premios ós mellores disfraces. O prezo é de 38 euros.

Etiquetas:
28/01/2026

A axenda cultural do Concello de Ribadeo para o primeiro trimestre deste ano inclúe máis de 30 actividades. A programación foi presentada pola concelleira Begoña Sanjurjo.

A edil ribadense declarou: “presentamos a axenda cultural do primeiro trimestre do 2026, unha programación ampla, diversa e pensada para todos os públicos, que converte a cultura nun eixo central da vida social do noso concello. Durante este trimestre do ano, Ribadeo acollerá máis de trinta actividades culturais que abranguen teatro, maxia, música, literatura, conferencias, actividades infantís e exposicións, con escenarios como o Cine Teatro, o Auditorio Municipal Hernán Naval, a Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, a Igrexa Parroquial ou a Casa do Mar”.

A concelleira de Cultura engadiu: “seguimos apostando por unha programación equilibrada,...

leer más
Etiquetas:
28/01/2026

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, presentaron a programación especial para o vindeiro Entroido 2026. “As actividades comezarán o 13 de febreiro cun gran baile infantil de disfraces. Pero será o sábado día 14 de febreiro, a partires das 17:00 horas, cando chegue o prato forte do Entroido en Xove: o gran desfile de carnaval polas rúas, con divertidas carrozas, centos de participantes e charangas, onde se repartirán máis de cinco mil euros para os mellores disfraces e comparsas”, anuncia o Concello de Xove..

As bases do concurso do desfile poden atoparse e descargarse na páxina web do Concello de Xove: www.xove.es.

Despois do desfile dará comezo a festa de Entroido no pavillón municipal de deportes, onde se coñecerán ós/ás gañadores/as...

leer más
27/01/2026

A parroquia de Rúa acollerá desde este venres, 30 de xaneiro, ao luns 2 de febreiro unha nova edición das tradicionais festas da Candelaria, a primeira celebración patronal do ano no municipio, anuncia o Concello de Cervo.

A programación foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés; o concelleiro Adrián Arias; xunto con membros da Comisión de Festas e da SD Candelaria, entidade encargada da organización da Festa dos Callos.

Os festexos arrincarán o venres 30 de xaneiro coa celebración da III Festa dos Callos, que dará comezo ás 21:00 horas. A partir das 22:30 horas terá lugar unha gran verbena coa actuación de Los Satélites, seguida da Disco Móbil Conxuro, que se encargará de prolongar a festa. O prezo é de 12 euros, e os tickets están dispoñibles en diferentes establecementos hostaleiros da...

leer más
Etiquetas:
27/01/2026

O día 8 de marzo, domingo, partirá de Ribadeo a quinta edición da ruta Camiño do Mar Concello a Concello. No Pazo de Ibáñez tivo lugar este martes a presentación, na que participaron o alcalde, Dani Vega; a concelleira de Turismo, Marta Saiz; o presidente da asociación de Amigos del Camino del Mar (organizadora do evento), Manuel Vicente; e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado.

Manuel Vicente indicou: “eu creo que o Camiño do Mar é unha oportunidade non só para a Ribadeo, senón para a toda comarca e un pouco tamén recuperar a hospitalidade que sempre tivo Ribadeo, a hospitalidade que sempre tivo a comarca, e é invitar a toda a xente que poida a participar nesta quinta edición do Camiño do Mar Concello a Concello para recorrer os 280 quilómetros, contando coa colaboración de todos os concellos polos que pasa o Camiño do Mar. Agradecervos...

leer más
Etiquetas:
27/01/2026

Alfoz celebrará unha festa de Entroido o día 16 de febreiro, luns. Será no pavillón municipal desde as 19:30 horas.

Este evento está organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo, que anuncia: “o luns 16 de febreiro celebramos o Entroido 2026 no Pavillón Municipal de Alfoz. Desde as 19:30 horas recolleranse as inscricións para o desfile, que empezará ás 21:00. Haberá premios para os mellores disfraces, así que saca toda a túa creatividade, sorprende ao xurado e leva premio para a casa. Música e moito baile para gozar dunha noite inesquecible!”.